En 1947, Xosé Velo e Mariano Otero Castelao permaneceron varios meses ocultos nas casas de Xosé Pérez Montes, en Celanova, e de Ricardo Feijóo Varela, en Moreira (unha aldea próxima). Como agradecemento e homenaxe, Velo escribiu in situ un poema (Confirmación de fé) adicado a Ricardo Feijóo e outro (Canzón da carceleiriña) á filla deste, María Rosa Feijóo Montes; ambos os dous poemas foron publicados íntegramente en xuño de 1996 na revista A trabe de Ouro.
A Maruxiña, que tan ledas fixo as horas tristes da fuxida coa súa ialma d-ouro, decote leda e cantareira. Emozoadamente. O autor
I eiche chamar carceleira carceleiriña linda, pois queiras ou non, doncela, son teu prisoeiro aínda. Prisoeiro niste ceo onde fas tan ben d-estrela! Cárcel sin ferrollos chocos, reixas de mel e sorrisos, crariña, limpa, soallada, amante coa túa lediza. Con que vontade deixara si fosen así os presidios prenderme unha vez e outra! Como amaría o “delito” si me soubese apresado decote com-arestora pendendo do teu coidado a miña ialma que chora! Eisí a miña tristura ten sido por teu mandado a máis prefunda ventura. Eh…! Te non anoxes miniña si che chama carceleira miña ialma prisoeira da linda carceleiriña.