A continuación incorporamos unha serie de discursos pronunciados por Xosé Velo Mosquera recuperados de Radio Claridad, a radio clandestina antifranquista no exilio, na que participou activamente. Escoitaremos a voz do propio Xosé Velo comentando diferentes asuntos relativos tanto a Galicia como a España. Radio Claridad foi creada pola UCE (Unión de Combatientes Españoles) e emitía tanto en Venezuela como en España a finais da decada de 1950.